viernes, 27 de octubre de 2017

Escépticos en el pub de Santiago: Economía y pseudociencia.

Esta tarde estaré dando una charla sobre "Economía y Pseudociencia" en Santiago. Este es el anuncio. Está en gallego. Como se entiende bien, la dejo así. Nos vemos.


Xa temos preparada a charla de outubro! Este mes falaremos de economía. De catro aspectos que distorsionan, por dicilo mainamente, a realidade da investigación económica. Un é o xeito en que calquera discurso aparentemente coherente pasa a ser crido sen crítica por unha banda da sociedade por motivos seguramente ideolóxicos. O segundo aspecto refírese á toma de decisións de políticas económicas polos poderes públicos que non se basean en evidencias ou que son directamente contrarias a elas. En terceiro lugar falaremos da metodoloxía científica que hai detrás da economía académica e da que carecen as ideas económicas que non teñen cabida nela. Ao fin ofreceranse algunhas aclaracións sobre onde atopar a ideoloxía na economía.

O noso relator será José Luis Ferreira. É profesor titular no Departamento de Economía e director do Master en Economía da Universidade Carlos III de Madrid. Despois de estudar na Euskal-Herriko Unibertsitatea doutorouse na Northwestern University e, tras pasar pola University of Pennsylvania, finalmente ficou na Carlos III. As súas áreas de investigación inclúen a teoría de xogos, a organización industrial, a economía experimental e a metodoloxía da economía. Adoita publicar en revistas académicas de prestixio como o Journal of Economic Theory ou Games and Economic Behavior. Recentemente publicou un libro titulado Economía y Pseudociencia. É editor e colaborador do blog colectivo sobre Economía Nada es Gratis, participa no proxecto de divulgación científica Mapping Ignorancee mantén un blog persoal (Todo lo que sea verdad) onde fala cumpridamente de economía, método científico, filosofía e política desde a perspectiva dun economista.

O venres 27 de outubro ás 21:00 no Airas Nunes Café de Compostela. Vémonos!

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Hace cinco años en el blog: Pedir perdón a la española.
Hace tres años en el blog: Matar una discusión (1). A mí me gusta así.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No hay comentarios:

Publicar un comentario